Celomado
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Celomados | ||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Heterometrus spinifer é un celomado |
||||||||
| Clasificación científica | ||||||||
|
||||||||
| Superfilos | ||||||||
|
Os celomados (Coelomata) son animais triblásticos con celoma, polo menos durante as fases embrionarias. Nestes animais o mesodermo fai un oco e no seu interior fórmase unha cavidade, chamada celoma, que forma a cavidade xeral interna do animal.
Existen outros animais que carecen de cavidade corporal (acelomados) e outros que non teñen un verdadeiro celoma senón un blastocele persistente (pseudocelomados).
Índice |
[editar] Tipos de celomados
Segundo a orixe da cavidade celomática, distínguese dous tipos de celomados:
- Esquizocelomados. O celoma fórmase por esquizocelia, é dicir, a partir de agrupacións de células no interior da gástrula.
- Enterocelomados. O celoma fórmase por enterocelia, é dicir, invaxinacións do arquénteron, que é o futuro tubo dixestivo.
[editar] Bibliografía
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa zooloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |