Aaron Paul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aaron Paul by Gage Skidmore.jpg

Aaron Michael Paul, nado en Emmett, Idaho (Idaho) o 27 de agosto de 1979 é un actor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aaron Paul realizou anuncios e pequenas aparicións en vídeos musicais, filmes e televisión, en 2007 tivo un papel recurrente na serie Big Love, saíndo en 14 episodios, pero foi o papel de Jesse Pinkman en Breaking Bad o que lle deu fama e polo que gañou dous Emmy.