Aa!
| Aa! | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Tokio, Xapón |
| Período | 2003 |
| Xénero(s) | J-Pop |
| Selo(s) discográfico(s) | Piccolo Town |
| Membros | Reina Tanaka, Airi Suzuki, Miyabi Natsuyaki |
| Antigos membros | |
| Web oficial | Perfil oficial |
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
Aa! (あぁ!,?) é un grupo xaponés totalmente feminino de J-Pop formado por dous membros de Hello! Project Kids e Reina Tanaka, membro de Morning Musume. O grupo unicamente lanzou un single. Destacar que Airi Suzuki tiña só nove anos cando saíu o mercado dito single, converténdoa na nena máis xoven en aparecer como cantante principal nun single do Hello! Project. Natsuyaki converteríase en integrante do grupo Berryz Kobo en 2004, mentres que Suzuki uniríase a outro grupo do Hello! Project, ºC-ute, o ano seguinte.
En 2004, Tanaka e Suzuki xunto con outro membro do Hello! Project Kid, Megumi Murakami, agruparonse para a canción "Suki ni Naccha Ikenai Hito", anha das caras B do single de H.P. All Stars "All for One & One for All!". A canción foi acreditada a cada unha das cantantes de forma individual, pero moitos fans refírense a elas como "Aa! Version 2". O status do grupo como unidade de gravación é descoñecido, xa que dende o 2003 non lanzan ningún traballo, pero a formación reformouse para as aparicións en directo en 2007.
Índice |
[editar] Membros
De Morning Musume:
- Reina Tanaka (田中 れいな?) - Líder
De Hello! Project Kids:
- Airi Suzuki (鈴木 愛理?) - °C-ute
- Miyabi Natsuyaki (夏焼 雅?) - Berryz Kobo
[editar] Discografía
[editar] Singles
| # | Título | Data de Lanzamento |
|---|---|---|
| 1 | "First Kiss" | 29 de outubro, 2003 |
[editar] Ligazóns externas
- (en xaponés) Perfil oficial Hello! Project
- (en xaponés) "Aa!" discografía en UP-FRONT WORKS.