A Kalimera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Kalimera
LocalizaciónSantiago de Compostela
Área de radiodifusiónSantiago de Compostela
EsloganOndiñas veñen e van
Frecuencia107.8 FM
Lingua(s)Galego
ClaseRadio comunitaria
editar datos en Wikidata ]

A Radio Kalimera (inicialmente Radio Calimero) ou simplemente a Kalimera, é unha radio libre da cidade de Compostela que naceu a principios dos anos 90 nun contexto onde na cidade agromaban iniciativas de autoxestión e as experiencias okupas.[1]

Sintonizábase no 107.8 FM e emitiu desde diversos lugares da cidade: o barrio de Vite, o Burgo das Nacións, a Casa Encantada de Sar, o Centro Social O Pichel e por último na Casa do Peixe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. X.M.P. (2016-05-18). "25 anos de Radio Kalimera: nunca houbo ondas tan libres en Compostela". Nós Diario. Consultado o 2023-08-29.