Antes de Cristo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "AEC")

A expresión antes de Cristo empregase para referirse e datar os anos e séculos anteriores á era cristiá, que comeza co ano convencional do nacemento de Xesucristo. Aínda que existe controversia acerca do ano de nacemento de Xesucristo, isto non é importante para a utilización da expresión. Os poucos datos dispoñibles apuntan a que esa data podería estar situada entre o ano 7 e o ano 4 antes de Cristo.

Abreviaturas usuais[editar | editar a fonte]

As abreviaturas creadas de acordo coas regras de formación de abreviaturas son:

  • a. C. (-antes de Cristo-), quizais a abreviatura máis utilizada.[1]
  • a. de C. (-antes de Cristo-), menos usual.
  • a. de X. C. (-antes de Xesucristo-) menos usual.
  • a. X. C. (-antes [de] Xesucristo-).
  • AEC (-antes [da\] Era Común-, acrónimo aconfesional.
  • a. e. c. (-antes da era común-), ídem anterior.
    • É tradución do inglés BCE (before Common Era: antes da Era Común).
    • Ten a desvantaxe de parecer que significa -antes da era cristiá-.
  • ANE (-antes da Nosa Era-) acrónimo aconfesional infrecuente, pero libre de ambigüidade. No mundo galo, tamén se usa a.e.v. (antes da era vulgar) e e.v. (da era vulgar), como alternativa laica ao «antes de Cristo» e «logo de Cristo».
  • a. n. e. (-antes de nosa era-), ídem anterior.

Abreviaturas erróneas[editar | editar a fonte]

Considéranse incorrectas:

  • adC - As letras a e de terían que estar en maiúscula: ADC, ou levar un punto logo de cada elemento abreviado: a. de C.
  • a.C. - Falta un espazo tralo punto da a.
  • a.X.C. - Faltan dous espazos, tralos puntos da a e da X.
  • a. d. C. - de hase abreviado.
  • a.d.C. - Puntos sen espazo posterior e de abreviado.
  • a.d.X.C. - Puntos sen espazo posterior e de abreviado.
  • aec ('antes da Era Común') - Como acrónimo debería ir con maiúsculas (AEC), e como abreviatura podería ir con minúscula pero requiriría puntos logo de cada sigla, e espazo tralos puntos (a. e. c.).

O adecuado emprego do punto abreviativo, o espazo e a maiúscula son moi importantes debido a que axudan considerablemente a identificar as abreviaturas, e por conseguinte a diferencialas inequivocamente do resto de métodos de abreviación, así como distinguir e entender rápida e correctamente cada un dos seus elementos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]