AC Sentinel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Australian Cruiser Tank Mk. 1 "Sentinel"
Sentinel-acIV.jpg
Tipo carro de combate de cruceiro
Orixe Australia Flag of Australia.svg
Deseñado 1941
Fabricante New South Wales Government Railways
Producido 1942
Construídos 65

O AC Sentinel foi un carro de combate construído en Australia durante a Segunda Guerra Mundial, en previsión dunha posible invasión xaponesa, ao non se producir esta nunca entraron en accións bélicas, empregándose só para adestramento. En xaneiro de 1942 fabricáronse os primeiros tres prototipos e en agosto comezou a produción na Chullona Tank Assembly de Nova Gales do Sur, en total só se produciron 66 tanques ata novembro de 1945. Houbo catro modelos: AC I, AC II, AC III e AC IV