13, Rue del Percebe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

13, Rue del Percebe é un cómic realizado polo debuxante Francisco Ibáñez, protagonizada pola veciñanza dun edificio.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Planta baixa: na planta baixa sitúase o colmado de don Senén, un tendeiro que sempre intenta estafar os clientes. Na portería, a personaxe da porteira, unha muller chismosa, dando vida ao famoso tópico. O sumidoiro tamén é unha vivenda, pois nel vive Don Hurón.

Primeiro andar: no primeiro dereita vive dona Leonor, a dona dunha pensión que fai o posible por gañar realugados. No primeiro esquerda está a consulta dun veterinario un pouco torpe.

Segundo andar: no segundo dereita vivía un científico ao que tódolos monstros lle saían mal. Foi borrado da serie por mor da censura franquista baixo o argumento "só Deus pode crear vida". Durante un tempo, pódese ver á porteira intentando vender o piso, sendo o estado deste motivo do chiste. Finalmente, o novo inquilino pasa a ser un xastre non moi bo no seu oficio. No segundo esquerda vive unha anciá con paixón polos animais, chegando a adoptar ata avestruces ou elefantes.

Terceiro andar: no terceiro dereita vive unha nai cuns fillos un pouco trasnos. Nas primeiras edicións da serie, estes tiñan unha irmá casadeira, que non volveu aparecer. No terceiro esquerda vive un ladrón ao que case sempre lle saen mal os roubos, e mais a súa muller.

Faiado: no faiado vive un moroso continuamente acosado polos seus acredores. No tellado viven un rato que está continuamente maltratando a un gato.

Tamén se consideraría unha personaxe ao ascensor, continuamente avariado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]