.htaccess

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un ficheiro .htaccess (hypertext access), tamén coñecido como arquivo de configuración distribuída, é un ficheiro especial, popularizado polo Servidor HTTP Apache que permite definir diferentes directivas de configuración para cada directorio (cos seus respectivos subdirectorios) sen necesidade de editar o arquivo de configuración principal de Apache.

Formato[editar | editar a fonte]

Por razóns históricas, o formato de .htaccess é o mesmo que o ficheiro de configuración global de Apache, mesmo noutros servidores web como Sun Java System Web Server e Zeus Web Server, que contan con ficheiros de configuración globais moi diferentes.

Usos frecuentes[editar | editar a fonte]

O ficheiro .htaccess ofrece un universo de posibilidades, detallamos a continuación os usos máis frecuentes.

Autorización, Autenticación
Os ficheiros .htaccess son usados frecuentemente para especificar restricións de seguridade para un directorio en particular, de aquí o sufixo "access". O ficheiro .htaccess acompáñase frecuentemente doutro ficheiro .htpasswd que garda usuarios válidos e os seus contrasinais.[1]
Creación de URLs Amigables (semánticas)
Os servidores adoitan usar o .htaccess para reescribir URLs longas e complexas, noutras máis simples e facilmente recordables.
Restrinxir o acceso
Permite bloquear (usando allow/deny) usuarios pola súa dirección IP e/ou dominio e ISPs. Tamén permite bloquear bots e rabuñas web.
SSI
Permite o conxunto de directivas SSI.
Listaxe de directorio
Controlar o comportamento por defecto do servidor cando non se especifíca ningunha páxina web.
Crear redireccións estáticas
Respostas de erro personalizadas
Cambiar a páxina que se mostra cando un erro da parte do servidor ocorre, por exemplo: HTTP 404 Not Found.
CONSENTIR types
Controlar como o servidor manexa diferentes tipos de arquivos.
Control de Caché
Os ficheiros .htaccess permiten a un servidor controlar a caching por medio dos navegadores web e proxies para reducir o uso do ancho de banda, a carga do servidor, e o lag percibido.
Evitar hotlink
Forzar Dominio sen WWW
Evitar envíos de paquetes PING

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]