Ümer İpçi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÜmer İpçi
Biografía
Nacemento1897 Editar o valor em Wikidata
Bajchisarai, Ucraína (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xaneiro de 1955 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Tomsk, Rusia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
EducaciónĞäliä (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , realizador , actor , dramaturgo , tradutor , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua tártara de Crimea Editar o valor em Wikidata

Ümer Ipçi, nado en Bağçasaray en 1897 e finado en Tomsk o 11 de xaneiro de 1955, foi un actor, director de teatro e escritor tártaro de Crimea.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun pequeno comerciante recibu a súa educación primaria na escola local, a partir de 1914 continuou os seus estudos na madrasa "Galiya" de Ufa. En 1917 volveu a Crimea e exerceu durante varios anos como profesor.

Traballou despois como actor, director de teatro, e desde 1928 foi director do Teatro Estatal dos Tártaros de Crimea [1]. Ao tempo colaborou co xornal Enli Dunya. Acusado en 1937 de "nacionalismo" pasou 12 anos na cadea. En 1949, ano no que remataba a súa condena, enviárono ao hospital; psiquiátrico da cidade de Tomsk, onde morreu uns anos despois.

Actividade literaria[editar | editar a fonte]

Comezou a escribir poesía, o seu primeiro poema foi "Madrasa" en 1915. Pero sobre todo foi coñecido como dramaturgo, o creador da dramaturxia dos tártaros de Crimea [2] , as súas obras teatrais "Faişe" (1923), "Alim" (1925) "Nenkecan hanım" (1926) cubriu acontecementos históricos da vida do pobo tártaro de Crimea. Na prensa da década de 1930 hai referencias a que escribiu cando menos tres novelas pero os manuscritos desapareceron tras a represión contra os tártaros de Crimea [3] .

Libros[editar | editar a fonte]

  • Kürеş (relatos,  1927)
  • Azat halq (teatro 1927)
  • Ayınıqlar (teatro, 1930)
  • Duşman (teatro, 1935.)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ИПЧИ Умер Бекирович" Личности[Ligazón morta]
  2. "Умер Ипчи неделимая частица своего народа", Milli Firka, 23 de setembro de 2009,
  3. Урсу Д.П. Деятели крымскотатарской культуры / Сост. Д. Урсу. – Симферополь, 1999. – pp.102-103