Campo de Internamento de Frongoch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°56′20″N 3°37′55″O / 52.939, -3.632

O campo de internamento de Frongoch situado en Frongoch, Merionethshire, Gales foi un campo de prisioneiros improvisado durante a primeira guerra mundial. Ata 1916 albergou prisioneiros alemáns en destilerías abandonadas e cabanas vulgares, mais tras os sucesos do Alzamento de Pascua de 1916 en Dublín, Irlanda, os prisioneiros alemáns foron trasladados e empregouse como lugar de internamento de aproximadamente 1.800 prisioneiros irlandeses, entre eles algúns tan notables coma Michael Collins e Arthur Griffith. A todos eles se lles outorgou o status de prisioneiros de guerra. É un feito erróneo que Éamon de Valera tamén estivo preso en Frongoch.[1] Durante esa época De Valera estivo preso nas prisións de Dartmoor, Maidstone e Lewes. O campo converteuse nun próspero campo de cultivo para a divulgación do credo revolucionario, con inspirados organizadores coma Michael Collins dando clases improvisadas en tácticas guerrilleiras. Após o campo chegou a ser coñecido coma ollscoil na réabhlóide[2], a "Universidade da Revolución" ou ás veces a "Universidade do Sinn Féin".

Co nomeamento do Lord Decies (John Beresford) coma Censor en Xefe da Prensa de Irlanda tras o Alzamento de 1916, este advertiu á prensa que tiveran moito ollo co que publicaban. O Xornal Cork Free Press de William O'Brien foi un dos primeiros xornais que clausurou baixo a Acta de Defensa do Reino de 1914, despois de que o seu editor republicano, after Frank Gallagher, acusara ás autoridades británicas de mentir sobre as condicións e situación dos prisioneiros republicanos no campo de internamento[3].

O campo foi baleirado en decembro de 1916 cando David Lloyd George substituíu a Herbert Henry Asquith coma Primeiro Ministro.

A escola local de Ysgol Bro Tryweryn atópase agora no sitio onde antes estaba o campo, aínda que hai unha placa conmemorativa nos arredores, con inscricións en gaélico, galés e inglés.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Green Dragon No 4, Autumn 1997
  2. Irish Democrat, 4 October 2002
  3. Peter Martin Censorship in the two Irelands 1922-39, Introduction p.9, Irish Academic Press (2008) ISBN 0-7165-2829-0

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "Fron-Goch and the birth of the IRA" (2006) Lyn Ebenezer
  • "With the Irish in Frongoch" (Talbot Press, Dublin, 1918) W. Brennan Whitmore