Édouard Belin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Édouard Belin
Édouard Belin no seu laboratorio co belinógrafo en 1920
Nacemento5 de marzo de 1876
Lugar de nacementoVesoul
Falecemento4 de marzo de 1963
Lugar de falecementoTerritet
SoterradoVeytaux
NacionalidadeFrancia
Alma máterCollege Gérôme, Higher Federal Graphical Institute of Education and Research e Faculté de droit de Dijon
Ocupacióninventor, enxeñeiro e fotógrafo
Coñecido porbelinograph
Premiosgrande oficial da Lexión de Honor, cidadanía honoraria e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Édouard Belin, nado en Vesoul o 5 de marzo de 1876 e morto en Territet, Montreux (Suíza) o 4 de marzo de 1963, foi un inventor francés.

Inventou en 1907 o belinógrafo, un sistema que permitía o envío de fotografías a distancia, por medio das liñas telefónicas ou telegráficas. A partir de 1914 comezouse a transmitir en probas o sistema pero non se perfeccionou ata 1921, permitindo transmitir imaxes por ondas de radio. No aparello cópiase a imaxe punto por punto, e mídese a intensidade lumínica por medio dun ollo eléctrico, esa intensidade envíase ao receptor, e alí unha fonte de luz reproduce as medidas de intensidade do ollo eléctrico, mentres realiza os mesmos desprazamentos exactamente, imprimíndoo en papel fotográfico, obtense así unha copia da imaxe orixinal.

Édouard Belin foi presidente da Sociedade Francesa de Fotografía.