Saltar ao contido

Åge Hareide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÅge Hareide

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(no) Åge Fridtjof Hareide Editar o valor en Wikidata
23 de setembro de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Hareid, Noruega (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaNoruega Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1970–1975 IL Hødd 37(2)
1976–1981 Molde FK 93(21)
1981–1982 Manchester City 24(0)
1982–1984 Norwich City Football Club 40(2)
1984–1987 Molde FK 72(10)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1976–1986   Noruega 50(5)
Premios

IMDB: nm2089130 UEFA: 5358 Editar o valor en Wikidata

Åge Fridtjof Hareide, nado o 23 de setembro de 1953 en Hareid, é un ex xogador e adestrador de fútbol noruegués.

Como adestrador, gañou títulos en todos os países escandinavos, En Suecia co Helsingborgs IF en 1999 e co Malmö FF en 2014, en Dinamarca co Brøndby en 2001–02 e na súa Noruega natal co Rosenborg en 2003.[1] Hareide estivo á fronte da selección nacional norueguesa desde 2003 a 2008 e da de Dinamarca desde 2016.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Durante a súa carreira profesional como xogador formou parte do Hødd, Molde, Manchester City e Norwich City e xogou coa selección norueguesa desde 1976 a 1986, logrando cinco goles en 50 partidos.

Adestrador

[editar | editar a fonte]

Desde 1985 Hareide adestrou diversos clubs escandinavos, como o Molde ou o Helsingborgs.

Hareide converteuse en seleccionador da selección nacional norueguesa a finais de 2003 en substitución de Nils Johan Semb. O de 8 de decembro de 2008, despois de fracasar en torneos internacionais e dun mal inicio nas cualificacións para o Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 Hareide cesou como adestrador nacional.

O 10 de xuño de 2009 anunciouse que adestraría ao equipo sueco Örgryte IS e o 1 de decembro de 2009 deixouno para adestrar o FK Viking, de Stavanger para substituír a Uwe Rösler. Tras a cesación de Egil Østenstad como director deportivo do Viking, Hareide asumiu o seu posto en setembro de 2011 e Josep Clotet quedou como adestrador na tempada 2012.[2][3] O Viking acabou o noveno na primeira tempada de Hareide en 2010, e décimo primeiro en 2011. Co equipo colocado en décima posición o 9 de xuño de 2012, o club destituíuno por mor dos malos resultados.[4]

Helsingborg

[editar | editar a fonte]

Logo da dimisión de Conny Karlsson do Helsingborgs o club contratou a Hareide, con quen xa gañara a Allsvenskan en 1999.

Malmö FF

[editar | editar a fonte]

O 9 de xaneiro de 2014 converteuse en adestrador do Malmö FF, onde logrou o éxito na defensa do seu liderado na Allsvenskan e cualificarse para a Liga de Campións da UEFA 2014-15 na súa primeira tempada á fronte do equipo, tamén recibiu o premio ao adestrador do ano da Allsvenskan[5] e foi candidato ao adestrador do ano da Svenska idrottsgalan.[6]

Dinamarca

[editar | editar a fonte]

O 10 de decembro de 2015 anunciouse que Hareide ía ser o novo adestrador da  selección danesa de fútbol en substitución de Morten Olsen, desde o 1 de marzo de 2016.[7]

  1. "Dette mener norske trenere om sparkingen". TV2. 12 de abril de 2012. 
  2. "Hareide blir Viking-manager". TV2. 9 de setembro de 2011. 
  3. "Spanjol blir ny Viking-trener". VG. 20 de novembro de 2011. 
  4. "Jeg har ingenting å klage på Hareide ferdig i Viking.". Dagbladet. 9 de xuño de 2012. 
  5. "Här är vinnarna i Allsvenskans Stora Pris". allsvenskans.se. 6 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2015. Consultado o 16 de outubro de 2016.  Arquivado 19 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
  6. "Här är de nominerade till Idrottsgalan". Sverigesradio. 12 de novembro de 2014. 
  7. "Hareide som ny landstræner: Vi skal til VM i 2018". DBU. 10 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2016. Consultado o 16 de outubro de 2016.  Arquivado 09 de outubro de 2016 en Wayback Machine.