Åge Hareide
Åge Hareide | |||
---|---|---|---|
![]() Hareide como adestrador do Malmö en 2015 | |||
Información persoal | |||
Nome | Åge Fridtjof Hareide | ||
Nacemento | 23 de setembro de 1953 | ||
Lugar de nacemento | Hareid | ||
Altura | 180 centímetros | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Dinamarca (adestrador) | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1970–1975 | Hødd | 37 | (2) |
1976–1981 | Molde | 93 | (21) |
1981–1982 | Manchester City | 24 | (0) |
1982–1984 | Norwich City | 40 | (2) |
1984–1987 | Molde | 72 | (10) |
Total | 266 | (35) | |
Selección nacional | |||
1976–1986 | Noruega | 50 | (5) |
Adestrador | |||
1985–1991 | Molde | ||
1993–1997 | Molde | ||
1998–1999 | Helsingborgs IF | ||
2000–2002 | Brøndby | ||
2003 | Rosenborg | ||
2003–2008 | Noruega | ||
2009 | Örgryte IS | ||
2009–2012 | Viking | ||
2012 | Helsingborgs IF | ||
2014–2015 | Malmö FF | ||
2016– | Dinamarca | ||
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Åge Fridtjof Hareide, nado o 23 de setembro de 1953 en Hareid, é un ex xogador e adestrador de fútbol noruegués.
Como adestrador, gañou títulos en todos os países escandinavos, En Suecia co Helsingborgs IF en 1999 e co Malmö FF en 2014, en Dinamarca co Brøndby en 2001–02 e na súa Noruega natal co Rosenborg en 2003.[1] Hareide estivo á fronte da selección nacional norueguesa desde 2003 a 2008 e da de Dinamarca desde 2016.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Durante a súa carreira profesional como xogador formou parte do Hødd, Molde, Manchester City e Norwich City e xogou coa selección norueguesa desde 1976 a 1986, logrando cinco goles en 50 partidos.
Adestrador[editar | editar a fonte]
Desde 1985 Hareide adestrou diversos clubs escandinavos, como o Molde ou o Helsingborgs.
Noruega[editar | editar a fonte]
Hareide converteuse en seleccionador da selección nacional norueguesa a finais de 2003 en substitución de Nils Johan Semb. O de 8 de decembro de 2008, despois de fracasar en torneos internacionais e dun mal inicio nas cualificacións para o Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 Hareide cesou como adestrador nacional.
Viking[editar | editar a fonte]
O 10 de xuño de 2009 anunciouse que adestraría ao equipo sueco Örgryte IS e o 1 de decembro de 2009 deixouno para adestrar o FK Viking, de Stavanger para substituír a Uwe Rösler. Tras a cesación de Egil Østenstad como director deportivo do Viking, Hareide asumiu o seu posto en setembro de 2011 e Josep Clotet quedou como adestrador na tempada 2012.[2][3] O Viking acabou o noveno na primeira tempada de Hareide en 2010, e décimo primeiro en 2011. Co equipo colocado en décima posición o 9 de xuño de 2012, o club destituíuno por mor dos malos resultados.[4]
Helsingborg[editar | editar a fonte]
Logo da dimisión de Conny Karlsson do Helsingborgs o club contratou a Hareide, con quen xa gañara a Allsvenskan en 1999.
Malmö FF[editar | editar a fonte]
O 9 de xaneiro de 2014 converteuse en adestrador do Malmö FF, onde logrou o éxito na defensa do seu liderado na Allsvenskan e cualificarse para a Liga de Campións da UEFA 2014-15 na súa primeira tempada á fronte do equipo, tamén recibiu o premio ao adestrador do ano da Allsvenskan[5] e foi candidato ao adestrador do ano da Svenska idrottsgalan.[6]
Dinamarca[editar | editar a fonte]
O 10 de decembro de 2015 anunciouse que Hareide ía ser o novo adestrador da selección danesa de fútbol en substitución de Morten Olsen, desde o 1 de marzo de 2016.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Dette mener norske trenere om sparkingen". TV2. 12 de abril de 2012.
- ↑ "Hareide blir Viking-manager". TV2. 9 de setembro de 2011.
- ↑ "Spanjol blir ny Viking-trener". VG. 20 de novembro de 2011.
- ↑ "Jeg har ingenting å klage på Hareide ferdig i Viking.". Dagbladet. 9 de xuño de 2012.
- ↑ "Här är vinnarna i Allsvenskans Stora Pris". allsvenskans.se. 6 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2015. Consultado o 16 de outubro de 2016. Arquivado 19 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ "Här är de nominerade till Idrottsgalan". Sverigesradio. 12 de novembro de 2014.
- ↑ "Hareide som ny landstræner: Vi skal til VM i 2018". DBU. 10 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2016. Consultado o 16 de outubro de 2016. Arquivado 09 de outubro de 2016 en Wayback Machine.
- Nados en 1953
- Adestradores do Brondby IF
- Xogadores do Manchester City FC
- Xogadores do Molde FK
- Xogadores da selección de fútbol de Noruega
- Adestradores de fútbol de Noruega
- Xogadores do Norwich City FC
- Nados no condado de Møre og Romsdal
- Xogadores do IL Hødd
- Adestradores do Molde FK
- Adestradores do Helsingborgs IF
- Adestradores do Rosenborg BK
- Adestradores do Örgryte IS
- Adestradores do Viking FK
- Adestradores do Malmö FF
- Adestradores da selección de fútbol de Noruega
- Adestradores da selección de fútbol de Dinamarca
- Defensas de fútbol