Área metropolitana de Ponferrada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A área metropolitana de Ponferrada é unha aglomeración urbana formada por 11 concellos da bisbarra leonesa do Bierzo. Segundo o INE, en 2011 tiña 88.975 habitantes.

Características[editar | editar a fonte]

A área metropolitana de Ponferrada (ou alfoz) rexistra un crecemento relativo moderado, que se centra principalmente en Ponferrada, Cacabelos e en Camponaraia. Estes 3 concellos son os que tradicionalmente foron máis dinámicos do Alfoz de Ponferrada, aos cales se uniron outros moitos nos últimos anos. Entre os anos 2006 e 2008 o total de crecemento de poboación sumando todos os concellos foi de 3.500 persoas.

O máis peculiar deste alfoz é que Ponferrada é a que máis crece de todas, en números absolutos, cando a tendencia de moitas cidades actuais é ceder habitantes aos seus concellos estremeiros. Sen dúbida o feito de que isto aconteza é a gran cantidade de terreo da que dispón o concello de Ponferrada.

Concellos[editar | editar a fonte]

Municipio Poboación Superficie Km² Densidade h/km²
Ponferrada 68.549 283,3 242,08
Cacabelos 5.506 32,8 168,59
Camponaraia 4.220 29 144,87
Carracedelo 3.680 32,4 113,86
Cubillos del Sil 1.852 53,4 34,68
Castropodame 1.805 59,7 30,10
Congosto 1.676 37,1 45,53
Cabañas Raras 1.316 19,3 68,86
Molinaseca 886 79,6 11,18
Priaranza do Bierzo 828 33,7 24,58
Sancedo 574 31,2 18,52
Total 90.892 691,6 131,42