Saltar ao contido

Ángela Vallina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁngela Vallina

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Angela Rosa Vallina Noval Editar o valor en Wikidata
6 de xullo de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Castrillón (España franquista) Editar o valor en Wikidata
Deputado da Xunta Xeral do Principado de Asturias
2019 –
Eurodeputada
Representa: Izquierda Plural (en) Traducir

1 de xullo de 2014 – 1 de xullo de 2019

Circunscrición electoral: España

Alcalde de Castrillón
16 de xuño de 2007 – 14 de xuño de 2014
Alcalde de Castrillón
14 de xullo de 2003 – 20 de setembro de 2004 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoIzquierda Unida Editar o valor en Wikidata

Facebook: angela.vallina Twitter: AngelaVallina Editar o valor en Wikidata

Ángela Vallina, nada en Castrillón o 6 de xullo de 1959, é unha política asturiana, Eurodiputada do grupo da Esquerda Europea e antiga alcaldesa da súa localidade natal.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou puericultura e historia na Universidade de Oviedo. Tivo a metade dun negocio de agasallos e decoración e logo foi a xerente dunha empresa de transporte familiar.

No ano 1999 entrou na lista de Izquierda Unida ao concello de Castrillón[1]. En 2003 accedeu á alcaldía, manténdose ata o ano seguinte cando a oposición presentou unha moción de censura. Volveu á alcaldía logo das eleccións de 2007, nas que IU obtivo os mellores resultados da súa historia no concello. En 2011, revalidou a súa xestión e IU converteuse na primeira forza política nun goberno en minoría, sen realizar pacto de goberno ningún coas outras forzas políticas.

Logo das eleccións europeas de 2014, Ángela Vallina converteuse en eurodiputada. En substitución de Vallina o 14 de xuño de 2014 accedeu ao posto como alcaldesa Yasmina Triguero Estévez.

  1. "IU propone a Ángela Vallina para la lista a las elecciones europeas". RTPA. 30 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2019. Consultado o 23 de abril de 2019.