Ángel Martínez Doval
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 ![]() Ourense, España ![]() |
Morte | 12 de decembro de 1988 ![]() Ourense, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Manuel Martínez Randulfe, Teresa Martínez Randulfe, Fernando Martínez Randulfe ![]() |
Ángel Martínez Doval, nado en Ourense en 1903 e finado na mesma cidade o 12 de decembro de 1988,[1] foi un profesor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Perito Industrial e Licenciado en Filosofía e Letras. Fundou o colexio Concepción Arenal de Ourense en 1928, onde impartiu clases de Física, Química e Filosofía. Militou con Vicente Risco na Irmandade Galeguista de Ourense, da que foi presidente en 1931. Colaborou en La Zarpa e Heraldo de Galicia. Foi un dos asinantes do manifesto da Dereita Galeguista de Ourense encabezado por Risco en febreiro de 1936.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Mercedes Randulfe Rodríguez en decembro de 1933 e foi pai de Manuel, Teresa e Fernando Martínez Randulfe.