Saltar ao contido

Ámbar dominicano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Térmite obreira en ámbar dominicano.

O ámbar dominicano é o ámbar que se obtén de xacementos da República Dominicana derivado de resina da árbore extinta Hymenaea protera (anxiosperma fabácea) con idades que van do Oligoceno ao Mioceno.

O ámbar dominicano diferénciase do ámbar báltico por ser case sempre transparente e ter un maior número de inclusións de fósiles. Isto permitiu facer unha detallada reconstrución do ecosistema dun antigo bosque tropical.[1]

Un estudo de principios da década de 1990 obtivo unha antigüidade para o ámbar dominicano de ata 40 millóns de anos.[2] Porén, de acordo con Poinar,[1] non é tan antigo e data do Oligoceno ao Mioceno, de aproximadamente hai uns 25 millóns de anos. O máis antigo e máis duro deste ámbar procede da rexión montañosa ao norte de Santiago de los Caballeros. Os xacementos son as minas de La Cumbre, La Toca, Palo Quemado, La Bucara e Los Cacaos na Cordilleira Setentrional non lonxe de Santiago de los Caballeros.[3] Tamén se atopou ámbar na área do suroeste do país de Bayaguana/Sabana de la Mar. Tamén se encontrou copal (resina a medio polimerizar) subfósil nos depósitos de Cotui cunha idade de só 280 anos.[4]

Xacementos

[editar | editar a fonte]

Hai tres sitios principais onde se atopa ámbar na República Dominicana: a cordilleira setentrional, no norte, e Bayaguana e Sabana de la Mar, no leste. Na área do norte, a unidade que contén ámbar está formada por rochas clásticas, arrastradas polas augas con fragmentos de arenito e outros sedimentos que se acumularon nun ambiente deltaico, incluso en augas con certa profundidade.[5][6][7]

Na área do leste, o ámbar encóntrase nunha formación sedimentaria de areas laminadas ricas en materia orgánica e arxilas, lignito intercalado, e algunhas capas solvatadas de gravas e calcarenito.[8]

Ambas as áreas parece que formaban parte da mesma cunca sedimentaria pero foron despois alteradas por movementos ao longo de importantes fallas.[9]

O ámbar dominicano, especialmente o ámbar azul dominicano, obtense en pozos con forma de campá (con fondo ancho), o cal é extremadamente perigoso. Un pozo campá é basicamente un pozo escavado coas ferramentas dispoñibles; empézase con machetes, pas, picos e ás veces martelos. O pozo chega á profundidade maior que sexa posible e segura, ás veces é vertical, outras veces máis ou menos horizontal, pero nunca nivelado. Serpentea nas ladeiras dos montes, baixa a cotas máis profundas, únese a outros, segue recto e sae á superficie nalgún outro lugar. Realmente son como toqueiras: raramente estes pozos son grandes dabondo como para estar dentro de pé, agás na entrada, polo que os mineiros teñen que arrastrarse de xeonllos e usar picos de man curtos, pas e machetes.

Nos pozos hai poucas ou ningunha medidas de seguridade. Un poste pode soster o teito cada certos metros, pero só se a área colapsou previamente. A única fonte de luz son candeas. A humidade dentro das minas é do 100%. Como os pozos están situados en zonas altas das ladeiras das montañas e son profundos, a temperatura é fría e soportable, pero neles despois de varias horas o aire faise viciado. Durante a chuvia vense obrigados a pechar as minas. Os pozos poden encherse rapidamente de auga, e hai poucos lugares onde se poida bombear a auga (aínda que ás veces se fai) porque as inseguras paredes poden esboroarse.[10]

Variacións

[editar | editar a fonte]

O ámbar dominicano pode ter varias cores, ademais da obvia cor ámbar. Os de cor amarela e mel son moi comúns. Hai tamén ámbar vermello e verde en menores cantidades e o moito máis raro ámbar azul ([`fluorescencia|fluorescente]]).[11][12]

O ámbar azul atópase principalmente no xacemento de Palo Quemado, ao sur de La Cumbre.[13][14]

O Museo del Ambar Dominicano, en Puerto Plata, así como o Amber World Museum de Santo Domingo teñen interesantes coleccións de espécimes de ámbar.

Paleobioloxía

[editar | editar a fonte]

Describíronse numerosos organismos a patir dos espécimes conservados no ámbar dominicano, entre os que están:

Anochetus intermedius, unha formiga.
Odontomachus spinifer.

Protozoos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 George Poinar, Jr. and Roberta Poinar, 1999. The Amber Forest: A Reconstruction of a Vanished World, (Princeton University Press) ISBN 0-691-02888-5
  2. Browne, Malcolm W. (1992-09-25). "40-Million-Year-Old Extinct Bee Yields Oldest Genetic Material". New York Times. Consultado o 2008-04-15. 
  3. Corday, Alec (2006). "Dominican Amber Mines: The Definitive List". The Blue Amber Blog. Arquivado dende o orixinal o 2008-04-20. Consultado o 2008-04-15. 
  4. Schlee, D. (1984): Notizen über einige Bernsteine und Kopale aus aller Welt. Stuttgarter Beitr. Naturk. Ser. C, 18: 29-47, page 35
  5. Leif Brost and Ake Dahlstrom. The Amber Book, Geoscience Press, Inc., Tucson , AZ, 1996 ISBN 0-945005-23-7
  6. Wilfred Wichard und Wolfgang Weitschat: Im Bernsteinwald. - Gerstenberg Verlag, Hildesheim, 2004, ISBN 3-8067-2551-9
  7. Baroni Urbani, C. & Saunders, J.B. (1980): The fauna of the Dominican Republic amber: the present status of knowledge. – Memorias, 9a geologica del Caribe, 1: 213-223; Santo Domingo. (Publicado en 1983).
  8. Schlee, D. (1984): Besonderheiten des Dominikanischen Bernsteins. – Stuttgarter Beitr. Naturk., C, 18: 63-71; Stuttgart.
  9. Manuel A. Iturralde-Vennet 2001. Geology of the Amber-Bearing Deposits of the Greater Antilles. Caribbean Journal of Science, Vol. 00, No. 0, 141-167, 2001
  10. Martínez, R. & Schlee, D. (1984): Die Dominikanischen Bernsteinminen der Nordkordillera, speziell auch aus der Sicht der Werkstaetten. – Stuttgarter Beitr. Naturk., C, 18: 79-84; Stuttgart.
  11. Schlee, D. (1980): Bernstein-Raritaeten (Farben, Strukturen, Fossilen, Handwerk). – 88 S. (mit 55 Farbtafeln); Staatl. Museum für Naturkunde Stuttgart.
  12. L. Linati and D. Sacchi, V. Bellani, E. Giulotto (2005). "The origin of the blue fluorescence in Dominican amber". J. Appl. Phys. 97 (1): 016101–016101–2. Bibcode:2005JAP....97a6101B. doi:10.1063/1.1829395. 
  13. "Blue Amber - EPOD - a service of USRA". epod.usra.edu. Consultado o 2019-09-18. 
  14. "AMBER | BLUE STONE International" (en inglés). Consultado o 2019-09-18. [Ligazón morta]
  15. Poinar, G. (2014). "Evolutionary history of terrestrial pathogens and endoparasites as revealed in fossils and subfossils.". Advances in Biology 2014: 1–29. doi:10.1155/2014/181353. 
  16. Poinar, G. (2005). "Triatoma dominicana sp. n. (Hemiptera: Reduviidae: Triatominae), and Trypanosoma antiquus sp. n. (Stercoraria: Trypanosomatidae), the First Fossil Evidence of a Triatomine-Trypanosomatid Vector Association". Vector-Borne and Zoonotic Diseases 5 (1): 72–81. PMID 15815152. doi:10.1089/vbz.2005.5.72. 
  17. Ancient Termite Pollinator of Milkweed Flowers in Dominican Amber Poinar GO Jr. American Entomologist 2017 63:52-59
  18. Poinar, G. O.; Peterson, E. B.; Platt, J. L. (2000). "Fossil Parmelia in new world amber". The Lichenologist 32 (3): 263–269. doi:10.1006/lich.1999.0258. 
  19. De Andrade, M. L. (1998). "First description of fossil Acanthostichus from Dominican amber (Hymenoptera: Formicidae)". Mitteilungen der Schweizerischen Entomologischen Gesellschaft 71: 269–274. 
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 20,5 20,6 20,7 De Andrade, M. L. (1994). "Fossil Odontomachiti Ants from the Dominican Republic (Amber Collection Stuttgart: Hymenoptera, Formicidae. VII: Odontomachiti)". Stuttgarter Beiträge zur Naturkunde. Serie B (Geologie und Paläontologie) 199: 1–28. 
  21. MacKay, W. P. (1991). "Anochetus brevidentatus, new species, a second fossil Odontomachiti ant (Hymenoptera: Formicidae)". Journal of the New York Entomological Society 99: 138–140. 
  22. Baroni Urbani, C. (1980). "Anochetus corayi n. sp., the first fossil Odontomachiti ant. (Amber Collection Stuttgart: Hymenoptera, Formicidae. II: Odontomachiti)". Stuttgarter Beiträge zur Naturkunde. Serie B (Geologie und Paläontologie) 55: 1–6. 
  23. 23,0 23,1 Schultz, T.R. (2007). "The fungus-growing ant genus Apterostigma in Dominican amber.". Memoirs of the American Entomological Institute 80: 425–436. 
  24. 24,0 24,1 Wilson, E.O. (1985). "Ants of the Dominican amber (Hymenoptera: Formicidae). 3. The subfamily Dolichoderinae.". Psyche 92: 17–37. doi:10.1155/1985/20969. 
  25. "Cephalotes jansei Vierbergen and Scheven 1995 (ant)". Fossil works. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2021. Consultado o 22 de xaneiro de 2019. 
  26. 26,0 26,1 Engel, MS; Grimaldi, DA (2007). "The neuropterid fauna of Dominican and Mexican amber (Neuropterida, Megaloptera, Neuroptera)". American Museum Novitates (3587): 1–58. doi:10.1206/0003-0082(2007)3587[1:TNFODA]2.0.CO;2. hdl:2246/5880. 
  27. Johnson, M.S.; et al. (2001). "Acropyga and Azteca Ants (Hymenoptera: Formicidae) with Scale Insects (Sternorrhyncha: Coccoidea): 20 Million Years of Intimate Symbiosis". American Museum Novitates (3335): 1–18. doi:10.1206/0003-0082(2001)335<0001:AAAAHF>2.0.CO;2. 
  28. Poinar, G.O. (2011). "The Evolutionary History of Nematodes: As Revealed in Stone, Amber and Mummies". Nematology Monographs and Perspectives Pages 9: 91–93, 239–240, 324–325. 
  29. Poinar, G. (2008). "Lutzomyia adiketis sp. n. (Diptera: Phlebotomidae), a vector of Paleoleishmania neotropicum sp. n. (Kinetoplastida: Trypanosomatidae) in Dominican amber". Parasites & Vectors 1 (1): 22. PMC 2491605. PMID 18627624. doi:10.1186/1756-3305-1-22. 
  30. Laybourne, R.C.; Deedrick, D.W.; Hueber, F.M. (1994). "Feather in amber is earliest New World fossil of Picidae". Wilson Bulletin 106 (1): 18–25. 
  31. Mapalo, Marc A.; Robin, Ninon; Boudinot, Brendon E.; Ortega-Hernández, Javier; Barden, Phillip (2021). "A tardigrade in Dominican amber". Proc. R. Soc. B 288 (20211760): 20211760. PMC 8493197. PMID 34610770. doi:10.1098/rspb.2021.1760. 
  32. Daza, Juan Diego; Bauer, A. M.; Wagner, P.; Böhme, W. (Jan 1, 2012). "A reconsideration of Sphaerodactylus dommeli Böhme, 1984 (Squamata: Gekkota: Sphaerodactylidae), a Miocene lizard in amber". Journal of Zoological Systematics and Evolutionary Research 51: 55–63. ISSN 1439-0469. doi:10.1111/jzs.12001. Subsequent to the acceptance of this paper, we obtained high resolution X-ray computed tomography imagery for the paratype of Sphaerodactylus dommeli that confirms that it is correctly allocated to genus. Details of its osteology will be reported elsewhere. 
  33. Woodruff, R.E. (2009). "A new fossil species of stag beetle from Dominican Republic amber, with Australasian connections (Coleoptera: Lucanidae)". Insecta Mundi 0098: 1–10. 
  34. Szwedo, J.; Stroiński, A. (2001). "Tainosia quisqueyae gen. and sp. nov. from the Oligocene/Miocene Dominican amber (Hemiptera: Fulgoroidea: Nogodinidae)" (PDF). Genus 12 (1): 29–34. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2011-07-19. Consultado o 2011-04-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]