Águeda Gómez Suárez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de outubro de 1971 (53 anos) O Rosal, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | investigador, socióloga, profesora universitaria |
Empregador | Universidade de Vigo |
Águeda Gómez Suárez, nada no Rosal o 10 de outubro de 1971, é unha socióloga, escritora e profesora galega especializada na diversidade, a etnicidade e na prostitución.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Águeda Gómez licenciouse en Socioloxía en 1994 pola Universidade Complutense de Madrid e doutorouse en Socioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 2001 coa tese Indigenismo y mobilización política en América Latina: los Tawahka, pobo orixinario da selva centroamericana da Mosquitia hondureña.[1]
É profesora titular na facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo.[2]
Gran parte das súas investigacións desenvolvéronse en América Latina en temas como a igualdade de xénero en distintos grupos étnicos do mundo, a prostitución ou os movementos étnicos en Centroamérica.[3]
A prostitución tamén centrou as súas investigacións e en 2008 publicou o monográfico Perfil sociológico de los clientes de prostitución en Galicia, en Edicións Xerais.
En 2015 publicou El putero español: quiénes son y qué buscan los clientes de prostitución en España, unha investigación sobre as motivacións que levan ós homes a pagar por sexo, un estudo realizado xunto á profesora Rosa María Verdugo e a investigadora Silvia Pérez.[4]
Dende 2018 dirixe a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Indigenismo y movilización política en América Latina: los tawahkas. - PDF".
- ↑ Universidade de Vigo (ed.). "Águeda Gómez Suárez". www.uvigo.gal. Consultado o 2023-07-06.
- ↑ "AGUEDA GOMEZ SUAREZ". bidi.uvigo.gal. Arquivado dende o orixinal o 07-07-2023. Consultado o 06-07-2023.
- ↑ Marcos Pérez Pena (25 de marzo de 2015). "El consumo masivo de prostitución en España es un síntoma de que algo está fallando". elDiario.es (en castelán).
- ↑ Cristina Barral (2019-05-05). "«En las académicas es obvio que hay un parón por la brecha de cuidados»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2020-11-06.