Hidromel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un vaso de hidromel

O hidromel[1] é unha bebida alcohólica fermentada a base de mel e auga. Consumida desde a antigüidade, a súa fabricación é anterior á do viño e seguramente á da cervexa.

Na Grecia clásica chamábase "melikraton" e os romanos chamábanlle "auga mulsum", aínda que esta poida ser unha variante feita con viño de uva adozado con mel. Plinio conta que foi Aristeo quen criou a primeira fórmula do hidromel.[Cómpre referencia]

Outras culturas antigas consumidoras desta bebida foron a celta, a saxoa e a viquinga. Tamén era coñecido o consumo dunha bebida similar na civilización maia.

Existía a tradición de que os matrimonios acabados de casar debían consumir esta beberaxe durante o primeiro ciclo lunar despois da voda para teren un fillo home. De aí provén a lúa de mel.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hidromel.