Cullerón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cullerón de aceiro inoxidable.

Un cazo[1], tamén chamado cullerón[2], é un utensilio que ten forma de media esfera cóncava, cun mango longo, usado para pasar líquidos dun recipiente a outro, especialmente dunha pota aos pratos. O cabo pode rematar en forma de gancho ou ter un pequeno furado para penduralo da espeteira. Amais de para servir comidas líquidas, o cazo tamén permite remexer o contido da pota en canto se está cociñando. Existen diversos modelos de cazos, a maioría dos actuais están elaborados de metal.

Outro utensilio moi semellante é o garfelo[3], definido como culler grande e fonda, cun mango longo, que se emprega para servir a comida. O termo pode ser sinónimo de cullerón ou referirse a outro utensilio máis alongado, coa mesma forma ca unha culler ordinaria pero de mor tamaño. Neste caso, é corrente que se empregue para servir alimentos sólidos difíciles de apañar co garfo, como arroces, verduras ou aqueles que conteñen salsa.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dicionario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2020-01-19. 
  2. "Definición da palabra cullerón". academia.gal. Consultado o 2020-01-19. 
  3. "Dicionario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2020-01-19.