Catedral de Málaga
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Catedral de Málaga | |
---|---|
País | España |
Localización | Málaga |
Coordenadas | 36°43′12″N 4°25′12″O / 36.720042, -4.42012 |
Diocese | diocese de Málaga |
Estilo | Renacemento |
Páxina web | http://malagacatedral.com/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Catedral da Encarnación de Málaga é unha das xoias renacentistas máis valiosas de España. Está dentro dos límites que marcaba a desaparecida muralla árabe, formando un gran conxunto arquitectónico xunto coa inmediata Alcazaba e mais o Castelo de Gibralfaro. Foi construída entre 1528 e 1782, seguendo trazas de Diego de Siloé.
Características
[editar | editar a fonte]O interior é de estilo barroco. A basílica, de planta rectangular, está composta por tres naves, sendo a central de maior anchura que as laterais, mais son todas iguais en altura. O cadeirado do coro, obra de Pedro de Mena, é unha vistosa obra de arte.
A fachada, polo contrario, é de estilo renacentista e está dividida en dúas alturas. Na de abaixo hai tres arcos e dentro destes, portas separadas por columnas de mármore. Sobre as portas hai uns medallóns. Os das portas laterais representan os padroeiros de Málaga, San Ciriaco e Santa Paula, meentras o central representa unha escena bíblica.
A torre norte érguese até os 84 metros de altura, sendo a segunda catedral máis alta de Andalucía, só superada pola de Sevilla. A torre sur está sen rematar, porque o diñeiro se utilizara para axudar en América; de aí o sobrenome da Catedral: "La Manquita". Actualmente isto é motivo de polémica, xa que hai quen opina que debe ser terminada tal e como se proxectaba nos planos orixinais, mentres outros opinan que debe deixarse como está.