Bandoneón
O bandoneón é un instrumento musical de vento, libre (ou de palletas libres) a fol, parente da concertina e o acordeón, de forma rectangular, sección cadrada e timbre particular. O seu nome provén orixinalmente do alemán, bandonion, pero a súa castelanización no Río da Prata estableceu a palabra "bandoneón" para denominar o instrumento en español.[1]
Naceu en Alemaña como evolución de instrumentos de palletas soltas anteriores como a concertina entre outros. Dise que o seu uso foi inicialmente como órgano portátil para executar música relixiosa; de aí o seu son sacro e melancólico único. Ao chegar ao Río da Prata da man de mariñeiros e inmigrantes, foi adoptado por músicos da época e foi así que colaborou na formación do son particular do tango riopratense, converténdose nun verdadeiro símbolo deste.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Zucchi, Oscar (1998). Corregidor, ed. El tango, el bandoneón y sus intérpretes. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2013. Consultado o 19 de outubro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bandoneón |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de bandoneón |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de bandoneonista |
- Juan Pablo Fredes - Un hombre y un bandoneón Artigo consultado o 30 de xuño de 2015. (en castelán)
- Páxina sobre o bandoneón (en inglés)
- Bandomecum - Portal dedicado ao bandoneón, bandoneonistas e a súa música (en castelán)
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |