Saltar ao contido

Asemblea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha asemblea é unha reunión onde afectados por un determinado asunto ou membros dunha organización opinan ou deciden sobre un tema directamente e sen representantes (democracia directa), ou ben son representantes doutras persoas os que debaten e deciden (democracia indirecta). No primeiro tipo de asembleas adoita tomarse a decisión por consenso para acadar acordos mínimos aceptables para tódolos implicados, e reservarse as votacións para os casos nos que non hai acordo posible.

En moitas organizacións a asemblea é un órgano político que toma decisións. En ocasións asume total ou parcialmente o poder lexislativo e, ás veces, mesmo o executivo e xudicial. Unha asemblea fórmase por persoas da propia organización, que están relacionadas ou que teñen o permiso explícito da mesma para participar.

Moitas organizacións democráticas teñen unha asemblea como órgano máximo de decisión, como as organizacións sociais, sindicais, profesionais e os estados. As asembleas máis coñecidas son os parlamentos ou congresos dos estados.

Historicamente (na política) as asembleas se formaron para facilitar a participación democrática do pobo nas decisións que podían afectarlles. Esta forma de política foi unha das primeiras para contribuír á desaparición do despotismo. Por esa razón as asembleas foron prohibidas nos países e rexións totalitarias.

Na actualidade aínda son vetadas en moitos lugares.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]