Antropopatía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo antropopatía refírese á asignación de características psicolóxicas ou sentimentos humanos a outros seres. Agás no ámbito relixioso, é algo que ocorre, xeralmente de modo involuntario, nas interaccións das persoas coas cousas, plantas ou animais, como por exemplo o feito de parolar co animal de compaña.[1][2]

Na literatura popular hai exemplos de abondo deste fenómeno:

  • falso como unha burra
  • puta como as galiñas
  • astuto como un raposo
  • fiel como un can
  • agudo como un allo
  • xordo como unha tapia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Diccionario Galego de Termos Médicos" (PDF). Santiago de Compostela: Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. 2002. Consultado o 3 de xaneiro de 2017. 
  2. Phillips, John (2008). Cómo entender e interpretar la Biblia (en castelán). Michigan: Portavoz. pp. 47–48. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.