Abano
Aparencia
(Redirección desde «Abanador»)
Un abano[1], tamén denominado abanador ou abanico[2] é un instrumento para darse aire ó movelo dun lado a outro.
Coñécense relevos exipcios antigos mostrando o uso do abano en cerimonias do palacio. Os gregos convertérono nun instrumento de uso doméstico desde o século V a.C., e deles pasou o seu uso a etruscos e romanos. Os xaponeses inventaron o abano pregable no século VII, os portugueses levárono a Europa no século XV e no século XVII adoptou a forma actual.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
- ↑ Coma sinónimos de abano no DRAG.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abano |