Zurro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Depósito de xurro.

O zurro[1] ou xurro[2] (evítese purín[3]) é un produto líquido constituído por unha mestura de dexeccións sólidas e líquidas e de produtos de alimentación animal, en cantidades variables, xeralmente cun contido de auga superior ó 85% en peso.

A almacenaxe de zurro en depósitos non axeitados, o seu uso como fertilizante en épocas inadecuadas, dadas as características físico-químicas do solo en cada estación, ou o vertido directo ós cursos fluviais e á rede pública poden provocar accidentes ou a contaminación das augas superficiais e subterráneas.

Notas[editar | editar a fonte]