Zona de sombra sísmica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Zona de sombra sísmica (do USGS)

Unha zona de sombra sísmica é unha área da superficie da Terra na cal os sismógrafos non poden detectar un terremoto[1] por medio das ondas sísmicas que atravesan o interior da Terra. Cando se produce un terremtoo, as ondas sísmicas irradian de forma esférica desde o seu foco. As ondas sísmicas primarias (P) orixinadas polo terremoto son refractadas fortemente polo núcleo externo fundido da Terra, o que fai que non se detecten entre os 104° e 140° (aproximadamente entre os 11 570 e os 15 570 km) medidos desde o epicentro do terremoto. Aínda que as ondas P sofren unha forte caída da súa velocidade e refracción, poden propagarse dentro do núcleo externo. Ao contrario, as ondas sísmicas secundarias (S) non poden pasar a través do núcleo externo líquido da Terra e non se detectan a máis de 104° (aproximadamente aos 11 570 km) desde o epicentro.[2][3]

A razón deste comportamento é que as ondas P e S están gobernadas polas diferentes propiedades do meterial polo que se propagan e por distintas relacións matemáticas. As tres propiedades que inflúen son: incompresibilidade (), densidade () e rixidez (). A velocidade das ondas P é igual a , mentres que a das S é igual a , polo que a velocidade das ondas S depende totalmente da rixidez do material que atravesa. Os líquidos teñen rixidez cero, o que fai que a velocidade das ondas S sexa cero e, por tanto, non se poidan propagar. Porén, as ondas P só dependen parcialmente da rixidez e manteñen algo de velocidade (aínda que se reduce moito) cando atravesan líquidos.[4] As análises sismolóxicas dos rexistros de diversos terremotos e das súas zonas de sombra levaron ao xeólogo Richard Oldham a deducir en 1906 a natureza líquida do núcleo externo terrestre.[5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Planet Interiors". 
  2. "Earthquake Glossary - shadow zone". USGS. Consultado o May 8, 2011. 
  3. "PX266 Geophysics - Extra Material - Seismic shadow zones". University of Warwick. Consultado o May 8, 2011. 
  4. Armstrong, D.; Mugglestone, F.; Richards, R.; Stratton, F. (2008). "OCR AS and A2 Geology". Pearson Education: 14.
  5. Bragg, William (1936). "Tribute to Deceased Fellows of the Royal Society". Science (American Association for the Advancement of Science) 84 (2190): 539–46. Bibcode:1936Sci....84..539B. ISSN 0036-8075. PMID 17834950. doi:10.1126/science.84.2190.539.