Zihhariya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Zihhariya foi o teatro da sexta campaña do rei hitita Mursilis II no seu sétimo ano de reinado. Os seus anais din que foi contra os kaskas da montaña Tarikarimu á terra de Zihhariya, e asolou o país. Esta campaña foi probabelmente curta, pero foi a única que fixo en todo o ano. A súa situación é incerta, pero seguramente estaba ao leste ou sueste de Hattusa.