Zefiro 23

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zefiro 23
País de orixeEuropa[1]
FabricanteFiat-Avio
EstadoEn produción[1]
Motor de propelente sólido
PropelenteHTPB 1912[1]
Configuración
Taxa da tobeira25[1]
Rendemento
Pulo1200 kN[1]
Presión na cámara106 bares[1]
Impulso específico289 s[1]
Tempo de acendido72 segundos[1]
Dimensións
Lonxitude3,85 m[1]
Diámetro1,90 m[1]
Peso seco3000 kg[1]
Usado en
Vega

Zefiro 23 é a designación do motor foguete usado polo lanzador europeo Vega na súa segunda etapa.[1]

Características[editar | editar a fonte]

O motor Zefiro 23 usa o propelente sólido HTPB 1912. Foi desenvolvido pola empresa Fiat-Avio para introducir tecnoloxías de baixo custo en foguetes de propelente sólido para ser reutilizadas en futuras evolucións do foguete Ariane 5. Entre as novas tecnoloxías usadas están o uso dunha carcasa de epoxy-grafito de 3 metros de diámetro, o uso de goma de baixa densidade para o illamento interno, unha baixa proporción de ligante e unha alta proporción de aluminio no propelente, unha tobeira simplificada que fai uso dun material lixeiro a base de carbono fenólico, un acendedor consumible e control vectorial da tobeira mediante un dispositivo electromecánico que fai uso de baterías de ión litio.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 Mark Wade (2022). "Zefiro 23" (en inglés). Consultado o 11 de abril de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]