Zaryn Dentzel
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xuño de 1983 (41 anos) Santa Bárbara, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | empresario , informático teórico |
Zaryn Dentzel, nado o 8 de xuño de 1983 en Santa Barbara (California), é o creador e presidente de Tuenti, unha popular rede social de ámbito estatal en España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1998, Zaryn aterrou en España con motivo dun intercambio de estudos. Cambiou California pola localidade estremeña de Cabeza del Buey, onde aprendeu a falar castelán. Tras cinco meses de estadía na península, volveu aos Estados Unidos onde acabou a escola secundaria e comezou a universidade. Alí comezou a interesarse polas redes sociais mentres mantiña o contacto cos seus amigos de España, e pensou que eles podían crear unha rede social. En 2006 volveu a España e xunto a Félix, Joaquín, Adeyemi e Kenny, púxose a traballar no que hoxe é Tuenti.
En 2011 Dentzel vivía en Madrid, onde Tuenti ten as súas oficinas.