Zabano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Zabano (morto despois de 584) foi un nobre longobardo que foi duque de Pavia durante o Período dos duques (do 574 ao 584).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como comandante militar viuse envolto na invasión longobarda do norte de Italia en 568, baixo o liderado do rei Alboíno, Zabano convértese en dux (duque) da cidade de Ticinum (Pavia).[1] Xa capital do Reino Longobardo, tras a morte do rei Cleph, Pavia quedou como centro dun gran ducado, un dos trinta e cinco nos que estaba dividido o estado dos longobardos.

No 575, Zabano guiou unha razzia no val do Ródano.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Paulo Diácono, Historia Langobardorum, II, 32.
  2. Paulo Diácono, Historia Langobardorum, III, 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]