Yua Mikami

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaYua Mikami

(2018) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 三上悠亜 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ja) 鬼頭桃菜 Editar o valor em Wikidata
16 de agosto de 1993 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Nagoia, Xapón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicopobo xaponés
Altura159 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónídolo xaponés , AV idol (pt) Traducir , YouTuber Virtual (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor em Wikidata - 16 de agosto de 2023 Editar o valor em Wikidata
Membro de
SKE48 (en) Traducir (2008–2014)
Honey Popcorn (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoJ-Pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteS1 No. 1 Style (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webmikamiyua.tv Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm9214104 Twitter: yua_mikami Instagram: yua_mikami Youtube: UC0BCfHbNORhd7dsw1R5rw9w TikTok: yua_mikami Musicbrainz: a66eff6c-5553-4eab-b561-813ff0447cea Editar o valor em Wikidata

Momona Kitō (鬼頭桃菜 Kitō Momona?)[1], nada en Nagoia o 16 de agosto de 1993 e coñecida profesionalmente como Yua Mikami (三上悠亜 Mikami Yua?) é unha cantante e actriz pornográfica xaponesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Idol tradicional 2006-2014[editar | editar a fonte]

Mikami participou con 13 anos en 2006 nunha audición para formar parte do grupo Morning Musume porén quedou eliminada na primeira rolda[2]. En marzo de 2009 debutou como membro da segunda xeración do grupo SKE48 no seu equipo E. A súa traxectoria con SKE48 foi complicada, con numerosas trabas e mesmo un descenso a kenkyuusei (aprendiz) en decembro de 2010[3], así como un escándalo por beber alcool co idol Yuya Tegoshi en xullo de 2013 antes de ter a idade legal para o consumir[4]. O 16 de marzo de 2014 anunciou a súa graduación do grupo e a súa derradeira actuación co conxunto foi o 9 de abril de 2014[5]. Durante os cinco anos que estivo co SKE48 aparece en oito caras B de sinxelos e mais na cara B do sinxelo "Gingham Check" do grupo irmán AKB4.

Entrada na industria pornográfica e volta á música[editar | editar a fonte]

A súa estrea na industria do porno foi o 1 de xuño de 2015 co nome de Yua Mikami co vídeo Princess Peach, producido por Muteki[6], un selo especializado no debut de celebridades menores e gravure idol (modelos en bikini e roupa interior) que queren dar o paso a AV Idol. Aínda que orixinalmente Mikami só pretendía facer un filme, o éxito de Princess Peach[7], segundo filme da industria porno xaponesa en vendas do ano 2015[8] fixo que permanecese como intérprete regular e o 12 de novembro de 2015 lanzou o seu sitio web oficial, así como as súas contas de Twitter e Instagram[9].

O segundo vídeo, Pleasure, apareceu o 1 de xaneiro de 2016 e foi tamén con Muteki, unha das poucas actrices en facer máis dun vídeo co estudo pola súa especialización en debuts, e ao longo dese ano realizou coa compañía algúns filmes máis. En maio gañou o premio da DMM á mellor actriz nova[8]. Poucos meses despois, en novembro de 2016 pasou a integrar S1 No. 1 Style.

No ano 2016, sen deixar a industria porno, volveu á música e o 13 de abril entrou como segunda xeración no grupo Ebisu Muscatso[10] e o 22 de novembro de 2016 quitou un sinxelo en solitario titulado Ribbon.

A popularidade de Mikami seguiu a medrar e converteuse nunha das actrices insignia de S1, cos seus filmes entre os máis vendidos, no ano 2018 estaba no número 8 das actrices AV en descargas dixitais e no 5 nas vendas de DVD/Blu-Ray [11] e en 2017 gañou o premio á mellor actriz dos DMM. Coa actriz Shoko Takahashi apareceu no filme These Two Have No Equal que se lanzou o 1 de decembro de 2018 para conmemorar o décimo aniversario de Muteki, con catro horas de duración e co acompañamento dunha versión de dúas horas de realidade virtual> foi o segundo filme AV xaponés máis vendido de 2018[12].

Yua Mikama, no centro, co grupo Honey Popcorn

Mikami tamén apareceu no filme especial con motivo do 15º aniversario de S1 xunto con outros intérpretes da compañía: Tsukasa Aoi, Ayami Shunka, Moe Amatsuka, Arines Hashimoto, Eua Miharu e Nene Yoshitaka. En 2019 foi a segunda actriz AV con máis vendas, atrás de Yui Hatano[13] e con S1 No. 1 Style apareceu en máis de 100 filmes, coa inclusión de compilacións e vídeos de realidade virtual.

En 2018 formou o grupo surcoreano Honey Popcorn con Moko Sakura e Miko Matsuda[1] que lanzou o álbum Bibbidi-Bobbidi-Boo. Os medios surcoreanos criticaron á nova formación por ir contra da imaxe pura asociada ás ídolos surcoreanas[14] ao estar as súas compoñentes asociadas á industria porno e o grupo houbo de cancelar o seu concerto de estrea en Corea do Sur, mesmo unha petición con 50 000 sinaturas chegou ao executivo dese país solicitando a prohibición do grupo[15]. Matsuda, finalmente, deixou o grupo mais Mikami logrou revivilo, con tres novas integrantes e o segundo álbum De-aeseohsta saíu en xullo de 2019[16].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "三上悠亜ら「HONEY POPCORN」韓国デビュー決定". Model Press. 28 de febreiro de 2018. 
  2. "Momona Kito Morning Musume Happy8 Audition Nagoya 1st exam". Youtube. 11 de xaneiro de 2010. 
  3. "Bosan Jadi Penyanyi, Momo Pilih Banting Setir Ikuti Miyabi Main Film Biru". Tribunn. 19 de maio de 2015. 
  4. "NewS Tegoshi Yuya caught in scandal with SKE48 Kito Momona". allthingspop. 13 de xullo de 2013. 
  5. "鬼頭桃菜 劇場最終公演". ske48.co.jp. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2017. Consultado o 17 de agosto de 2017.  Arquivado 06 de outubro de 2017 en Wayback Machine.
  6. "Ex-SKE48 member Momona Kito to make porn debut". Tokyo Reporter. 2 de maio de 2015. 
  7. "Momona Kito abandons plans to end porn career". Tokyo Reporter. 5 de decembro de 2015. 
  8. 8,0 8,1 "Yua Mikami, Hibiki Otsuki shine at DMM adult awards". Tokyo Reporter. 13 de maio de 2016. 
  9. "【超速報】三上悠亜が公式HP開設!週刊誌でヌードグラビアも披露。ツイッター&インスタグラムも開始!本格活動スタートの兆しか?【光の速さでフォローした】". Fanza. 13 de setembro de 2015. 
  10. "Mikami Yua". ebisu-mucats. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2017. 
  11. "2018年最賣座AV女優出爐!「暗黑志玲」稱霸奪冠". News Yahoo. 15 de decembro de 2018. 
  12. "2018 annual DVD Ranking Vest 100". Fanza. 
  13. "2019 annual AV Actresses Ranking Vest 100". Fanza. 
  14. {{Cita web|url=https://www.tokyoreporter.com/entertainment/adult-video/yua-mikami-before-entering-av-it-is-my-life-so-i-have-to-choose-myself/%7Ctítulo=Yua[Ligazón morta] Mikami before entering AV: ‘It is my life, so I have to choose myself’|xornal=Tokyo Reporter|data=24 de xuño de 2019}
  15. "Honey Popcorn’s existence has led to a pearl-clutching Blue House petition". Asian Junkie. 22 de marzo de 2018. 
  16. "Honey Popcorn pushes forward: The group returns with new members and, hopefully, a hit". Korea JoongAng Daily. 5 de xullo de 2019.