Your Place or Mine (filme)
Aparencia
Your Place or Mine | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Your Place or Mine |
Director | Aline Brosh McKenna |
Produtor |
|
Guión | Aline Brosh McKenna |
Intérpretes |
|
Música | Siddhartha Khosla |
Fotografía | Florian Ballhaus |
Montaxe | Chris A. Peterson |
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 10 de febreiro de 2023 |
Duración | 111 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia romántica |
Na rede | |
Your Place or Mine é un filme estadounidense de 2023 escrito e dirixido por Aline Brosh McKenna, no seu debut na dirección. Está protagonizado por Reese Witherspoon (quen tamén é a produtora) e Ashton Kutcher, que interpretan dous amigos que deciden cambiar de casa durante unha semana. Jesse Williams, Zoë Chao, Wesley Kimmel, Tig Notaro e Steve Zahn compoñen o resto do elenco. O filme estreouse en Netflix o 10 de febreiro de 2023 con subtítulos en galego.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Reese Witherspoon como Debbie Dunn
- Ashton Kutcher como Peter Coleman
- Zoë Chao como Minka
- Jesse Williams como Theo Martin
- Wesley Kimmel como Jack
- Tig Notaro como Alicia
- Steve Zahn como Zen
- Rachel Bloom como Scarlet
- Griffin Matthews como Professor Golden
- Vella Lovell como Becca
- Shiri Appleby como Vanessa
Produción
[editar | editar a fonte]Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O filme anunciouse en maio de 2020 con Netflix como distribuidora, e declarouse que estaría protagonizado por Reese Witherspoon e que sería dirixido e escrito por Aline Brosh McKenna, no seu debut como directora.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fleming, Mike Jr. (12 de maio de 2020). "Reese Witherspoon To Star In Two Netflix Romcoms From Hello Sunshine: Aggregate-Produced, Aline Brosh McKenna-Helmed 'Your Place Or Mine' & 'The Cactus'". Deadline Hollywood. Consultado o 3 de agosto de 2021.