Young Fresh Fellows
Young Fresh Fellows | |
---|---|
![]() Young Fresh Fellows na Sala Capitol de Santiado de Compostela | |
Orixe | Seattle, Washington, ![]() |
Período | 1981-actualidade |
Xénero(s) | rock alternativo |
Young Fresh Fellows é unha banda estadounidense de rock alternativo formada no ano 1981 en Seattle, Washington por Scott McCaughey e Chuck Carroll. Tad Hutchison, o curmá de Chuck Carroll, uníuse ao grupo para a gravación do seu álbum de estrea en 1983.
O seu primeiro álbum foi The Fabulous Sounds of the Pacific Northwest (1984), despois do cal Jim Sangster se uníu a eles como baixista e McCaughey pasouse do baixo á guitarra. Carroll deixou a banda en 1988, e foi substituído por Kurt Bloch de The Fastbacks.
O tema "Amy Grant", unha canción cómica sobre a música cristiana contemporánea e a artista pop Amy Grant, aparecida no seu álbum The Men Who Loved Music, foi un éxito nas radios universitarias e é probablemente o seu tema máis coñecido.
A banda continua xunta, a pesar de que despois do álbum de 1996 A Tribute To Music non volvesen a editar material novo ata Because We Hate You (2001), un traballo compartido co outro grupo de McCaughey, The Minus 5. McCaughey centrouse máis en The Minus 5 dende entón, mentres que Bloch e Sangster formaron o grupo Sgt. Major, e Hutchison traballa máis no deseño e as artes visuais, ademais de actuar e gravar como Chris & Tad con Chris Ballew de The Presidents of the United States of America. Porén, os Fellows editaron I Think This Is no ano 2009 e comezaron unha xira por España no mes de outubro.
O 27 de setembro de 2010 visitarían Santiago de Compostela como abreconcertos de Mudhoney nun concerto celebrado na Sala Capitol.
Discografía[editar | editar a fonte]
- The Fabulous Sounds of the Pacific Northwest - 1984
- Topsy Turvy - 1985
- The Men Who Loved Music - 1987
- Totally Lost - 1988
- Beans and Tolerance - 1989
- This One's for the Ladies - 1989 (Frontier Records)
- Electric Bird Digest - 1991
- Somos Los Mejores -1991
- It's Low Beat Time - 1992
- Gleich Jetzt - 1992
- Take It Like A Matador - 1993 (ao vivo)
- Temptation on a Saturday - 1995
- A Tribute To Music - 1997
- Because We Hate You - 2001 (compartido con The Minus 5)
- I Think This Is (CD) - Yep Roc Records - 2009
- I Don't Think This Is - 2009
|