Yolanda Matías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaYolanda Matías
Nome orixinalYolanda Matías García
Biografía
NacementoAtliaca, Tixtla de Guerrero
Datos persoais
País de nacionalidadeMexicana
Actividade
OcupaciónEscritora e docente
MovementoLiteratura indíxena
LinguaNáhuatl e castelán
Premios
Premio “Cuauhtémoc” (2014)

Yolanda Matías García, nada en Atliaca (Tixtla de Guerrero), é unha poeta mexicana en lingua náhuatl. Entre os seu libros, destacan os poemarios Xochitlajtol ika moyojlo ("Palabra florida para o teu corazón") e Tonalxochimej ("As flores do sol").

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Yolanda Matías é orixinaria da comunidade de Atliaca, no municipio de Tixtla de Guerrero.[1] Licenciouse en Educación polo Centro de Actualización do Maxisterio (CAM), cunha especialidade en Español e Literatura, pala logo cursar un Mestrado en Formación e Práctica Docente na Universidade Pedagóxica Nacional (UPN).[1][2]

Na actualidade, é profesora da educación primaria nun centro bilingüe, e contribúe a promover a cultura indíxena no municipio de Copalillo.[3] Impartiu cursos de lingua e escrita náhuatl. Dirixiu o programa "El náhuatl en la cultura" (Radio Universidad) entre o 2003 e o 2006.[4]

Aos 42 anos, perdeu a visión a causa dunha neglixencia médica durante unha cirurxía.[5]

Obra[editar | editar a fonte]

Matías publicou en diferentes revistas e escolmas, tanto en México coma noutros países. Os seus libros principais son os seguintes:[6]

Antoloxías[editar | editar a fonte]

  • México: diversas lenguas, una sola nación (2008)
  • Pensamiento y voz de mujeres indígenas (2012)
  • Semanauakuikatl ("Canto ao universo", 2018). Editado pola autora

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Xochitlajtol ika moyojlo ("Palabra florida para o teu corazón", 2005). Recitación do seu poemario homónimo

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Xochitlajtol ika moyojlo ("Palabra florida para o teu corazón", 2005)
  • Tonalxochimej ("As flores do sol", 2013)

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Matías participou na xira internacional de difusión da poesía náhuatl en Venezuela, no ano 2012. Representou ao estado de Guerrero e a México no 22.º Festival Internacional de Poesía de Xénova (Italia), en xuño do 2016. Tamén participou no Recital Internacional de Escritores en Linguas Orixinarias, celebrado en Bilwi (Nicaragua), en xullo do 2016.

Foi declarada Cidadá Distinguida de Atliaca, e recibiu o Premio ao Mérito Civil "Cuauhtémoc" no 2014, outorgado polo goberno do estado de Guerrero.[6] Gañou o galardón Altamirano do 2015, concedido polo Concello de Tixtla de Guerrero.[6] No 2018, a Secretaría de Cultura Federal e a Secretaría de Cultura de Guerrero concedéronlle o recoñecemento PACMyC polo seu labor de fortalecemento e revalorización da lingua náhuatl.[6] Recibiu unha condecoración "Honoris Causa" da Embaixada de Cultura da Suprema Corte de Xustiza da Nación de México.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Matías, Yolanda". literatura.inba.gob.mx. Consultado o 2024-01-01. 
  2. "Poesía Náhuatl Guerrerense - Yolanda Matías García". ADN Cultura (en castelán). 2019-11-08. Consultado o 2024-01-01. 
  3. Moreno, Carmen; et al. (2012). Pensamiento y voz de mujeres indígenas (en castelán). INALI. 
  4. "Yolanda Matías García - Detalle del autor - Enciclopedia de la Literatura en México - FLM". www.elem.mx. Consultado o 2024-01-01. 
  5. "#ORGULLO MEXICANO, Náhuatl, La poesía la ayudó a superarse, tras ceguera, Yolanda Matías". El Universal (en castelán). Consultado o 2024-01-01. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "Yolanda Matías - Enciclopedia de Literatura Indígena" (en castelán). 2022-04-06. Consultado o 2024-01-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]