Yarimuta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Yarimuta foi unha comarca próxima a Biblos, onde se producía a maior parte do gran e alimentos que se consumían na cidade. O seu bloqueo por parte dos apiru, que ameazaban Biblos, provocou a fame entre os habitantes de Biblos, e algúns venderon ás súas mulleres ou fillos a cambio de comida. A chegada dun exército exipcio e a morte de Abdi-Asirta, o líder apiru, a mans dos seus, salvou a cidade. Menciónase nas cartas de Amarna.