Yandel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Yandel
Yandel Conferencia Mexico - De lider a Leyenda.jpg
Nome completoLlandel Veguilla Malavé Salazar
Nacemento14 de xaneiro de 1977 (42 anos)
OrixeCayey
OcupaciónCantante, compositor
XéneroReggaeton, Pop latino, Electropop, Dance pop
Tempo en activo1998-
editar datos en Wikidata ]

Llandel Veguilla Malavé Salazar, nado en Cayey (Porto Rico) o 14 de xaneiro de 1977), mellor coñecido como Yandel, é un cantante portorriqueño que interpreta xéneros como o reggaeton e o pop latino, e é a metade do grupo de Wisin & Yandel. Dende 1998 vendeu millóns de discos e realizou concertos nas salas máis importantes e notables de todo o mundo. Lanzou o seu primeiro álbum en solitario ¿Quién contra mí? no 2003 e no 2013 o seu segundo álbum De líder a leyenda, que incluía as cancións "Hasta abajo", "Plakito Ft Gadiel", e "Moviendo caderas" con Daddy Yankee

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Naceu en Cayey, Puerto Rico o 14 de xaneiro de 1977. Wisin, o seu compañeiro traballaba co seu pai en pelexas de galos, mentres que Yandel traballaba de barbeiro. Estudaron xuntos na mesma escola e aí foi onde por primeira vez nunha competencia da escola se xuntaron para cantar. Tempo despois debutaron no mundo do reguetón gravando algúns temas en álbums recompilatorios, sendo o seu debut na recompilación de DJ Dicky No Fear 3. Yandel ten orixes no Magreb.

Carreira musical[editar | editar a fonte]

Inicios (1998-2004)[editar | editar a fonte]

En 1998 o dúo incursionou na música e gravaron algúns temas de colaboración no disco No Fear 3 de DJ Dicky; un ano despois, no recompilatorio La misión, editado polo selo Fresh Production. O éxito desta recompilación (que chegou a disco de ouro) levou á discográfica a producir Los reyes del nuevo milenio, primeiro álbum de Wisin & Yandel. Continuaron publicando novos temas nas sucesivas edicións de La misión. Logo en 2001 De nuevos a viejos, en 2002 De otra manera, seguido de Mi vida... my life, o cal acompaño a unha película protagonizada polo dúo na que contan a súa vida, os tres foron disco de ouro. A súa aínda incipiente carreira musical viuse ademais recoñecida co premio Tu Música ao "Mellor Dúo de Rap e Reggaeton", que lles foi outorgado en 2002.

Entre 2003 e 2004, Wisin e Yandel traballaron en proxectos individuais. Yandel lanzou ¿Quién contra mí?, mentres Wisin lanzou El sobreviviente. Durante o lapso de tempo especulouse cunha separación definitiva, suceso que non aconteceu, xa que ao ano seguinte se reuniron, publicando o seu álbum Pa'l mundo.

Pa'l mundo e WY Records (2005-2007)[editar | editar a fonte]

O dúo lanzou o seu primeiro álbum co seu propio selo discográfico, WY Records. Pa'l mundo foi o seu álbum con máis éxito e fixo a súa música popular internacionalmente, chegando a sor en países como China e Xapón, amais dalgúns europeos. O álbum foi candidato aos Premios Billboard. Tralo éxito publicaron Los vaqueros (2006), onde participaron todos os membros de WY Records: Gadiel, Franco "El Gorila", Tony Dize, Yomille Omar etc. e artistas invitados como Don Omar e Héctor el Father.

O ano seguinte fixeron unha reedición titulada Los vaqueros wild wild mixes que contiña cancións novas e varios remixes do álbum anterior. Neste álbum Jayko entrou en WY Records substituíndo a Yomille Omar.

Consolidación internacional (2007-2013)[editar | editar a fonte]

Yandel en concerto.

En 2007 lanzaron o álbum Wisin vs. Yandel: los extraterrestres, un disco no que evolucionaron nos seus sons con colaboracións internacionais como Eve e Fat Joe. En 2008 publicaron Wisin & Yandel: la mente maestra producido por Nesty (produtor da compañía), no que participaron os integrantes de WY Records.

Despois do éxito e a popularidade, no 2009 estrearon La revolución, que contaba coa participación do músico de rap 50 Cent. O álbum foi relanzado o 23 de novembro co título de La revolución: Evolución.

En 2012 o dúo publicou o seu noveno disco, Líderes, que incluía os sinxelos "Follow the Leader", con Jennifer Lopez e "Algo me gusta de ti" con Chris Brown e T-Pain, que se colocaron nos primeiros postos da radio e a televisión e foron número un na lista Billboard.

Dende 2013[editar | editar a fonte]

Yandel, tras publicar o álbum Líderes con Wisin, quería reiniciar a súa carreira como solista. En entrevistas sobre a súa separación dixo que estaba ansioso por innovar. Yandel lanzou o seu segundo álbum, De líder a leyenda, o 5 de novembro de 2013. Formaban parte do disco o sinxelos «Hable de ti», «Hasta abajo», «Moviendo caderas», «Déjate Amar» e «Plakito». O álbum tiña sons máis pop e electrónicos sen deixar de lado o seu característico reggaeton e contou coa participación de artistas como Daddy Yankee, Don Omar, J Alvarez e o seu irmán Gadiel.

Tamén participou como coach no programa de televisión La Voz México co seu compañeiro Wisin.

O 25 de agosto de 2014 Yandel estreou un EP titulado Legacy: De líder a leyenda Tour que inclúe cinco temas inéditos. O propio Yandel dixo que os seus seguidores poderían escoller a súa canción favorita a través da súa páxina web e a canción que gañase estaría no concerto do 4 de outubro en San Juan, Puerto Rico.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbumes como solista
  • 2003: ¿Quién contra mí?
  • 2013: De lider a leyenda
  • 2015: Dangerous
EP
  • 2014: Legacy: De lider a leyenda Tour
En vivo
  • 2015: Legacy
  • 2015: Legacy
En colaboración

Véxase tamén[editar | editar a fonte]