Yūki Yamada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaYūki Yamada

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 山田裕貴 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1990 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Nagoia, Xapón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
Altura177 cm Editar o valor em Wikidata
Peso60 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNanase Nishino (2024–)
PaiKazutoshi Yamada (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm4290253 Allocine: 676582
Twitter: 00_yuki_Y Instagram: 00_yuki_y Editar o valor em Wikidata

Yūki Yamada (en xaponés 山田 裕貴), nado en Nagoia o 18 de setembro de 1990, é un actor xaponés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de rematar o instituto, entrou na academia da Watanabe Entertainment para se converter nun actor[1]. En 2010 presentouse á audición para elixir os compoñentes da banda pop D-Date, malia non saír elixido, polos seus resultados puido pasar á categoría D-Boys, formada por actores[2] e para alén pasou a formar parte da axencia de talentos Watanabe. Finalista na audición dos D-Boys, integrouse en decembro de 2010 no grupo de actores D2[3]. En 2011 debutou como actor encarnando a Joe Gibken na serie Kaizoku Sentai Gokaiger[4] e en xuño de 2012 actuou na serie D×TOWN. En outubro de 2013 entrou a formar parte de pleno dereito dos D-Boys ao se integrar neste grupo D2. En 2014 protagonizou o seu primeiro filme[5], Raivu, unha fita de terror dirixida por Noboru Iguchi. En 2016 pola súa actuación na obra teatral Miyamoto Musashi de Shiro Maeda foi candidato aos premios de teatro Yomiuri [6]. En 2017 encarnou a Okita na serie de Netflix Itou-kun A to E. En 2019 deulle vida a Yukijirō Obata na serie matinal (asadora) Natsuzora.

Notas[editar | editar a fonte]