Xuliana Conde González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xuliana Conde González
AlcumeA Xuliana
Nacemento1843
Lugar de nacementoSan Xián de Marín (Marín)
Falecemento1920 ca.
Lugar de falecementoA Praia (Bueu)
NacionalidadeEspaña
OcupaciónPoxadora de peixe
PaiPedro Conde
NaiRamona González
CónxuxeAntonio López Troncoso
Período1860 ca. - 1900 ca.
PremiosIV Homenaxe Bueuesa Senlleira
editar datos en Wikidata ]

Xuliana Conde González, nada en San Xián de Marín en 1843 e finada en San Martiño de Bueu en 1920 ca., foi a primeira poxadora de peixe do concello de Bueu.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en San Xián de Marín en 1843, filla de Ramona González e Pedro Conde, no seo dunha familia humilde do centro da vila. Mudouse na década de 1860 ao concello de Bueu tras casar con Antonio López Troncoso. Comezan a vivir de alugueiro no lugar da Praia dado que el era mariñeiro. A partir de entón comezou a vender os excedentes de peixe do seu home e, con posterioridade, realizou a poxa da mercancía procedente das grandes capturas: arrastre, xeito e ardora.

A súa última neta viva, Fita, comentou sobre Xuliana:

"Abuela Xuliana traballaba no mesmo que mamá. Seino porque abuela Xuliana deixoulle a mamá a ventaxa. Foi a primeira que traballou diso aquí en Bueu"[1].

A importancia que tivo foi tan grande que as descendentes pasaron a tomar o seu nome como alcume familiar: As Xulianas. A este respecto unha das bisnetas, Luísa, lembra:

"A miña bisavoa foi a primeira muller subhastadora na Lonxa de Bueu e chamábase Xuliana; cando ela o deixou, herdou o seu traballo a miña avoa, Concepción, que tomou o nome de A Xuliana"[2].

Apenas hai datos sobre a súa vida e, probabelmente, morreu a mediados da década de 1920.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2021, a Asociación Club Golfiños-Bueu rendeulle a IV Homenaxe Bueuesa Senlleira xunto coas súas descendentes.[3] Ademais, dedicóuselle o número 3 do fanzine Aña en marzo dese mesmo ano. E en agosto saíu publicada unha pequena recensión na revista A Trabe de Ouro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Club Golfiños, Bueu (2021). "Xuliana Conde González (1843-1920ca)". Aña. Fanzine de (des)identidades femininas de Bueu (3): 7. 
  2. Varela, Lola (2007). "As Xulianas de Bueu. Unha saga de subhastadoras de peixe". Ardentía (4): 36–38. 
  3. Redacción (7 de marzo de 2021). "Cuarta homenaxe “Bueuesa Senlleira” por parte de Golfiños". farodevigo.es. Consultado o 23 de outubro de 2021.