Xosé Sixto García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1984 (39/40 anos) Guimarei, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, catedrático |
José Sixto García, nado en Guimarei (Friol) en 1984, é un xornalista, profesor e poeta galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É director do Instituto de Medios Sociais (Cidade da Cultura de Galicia) e profesor da Universidade de Santiago de Compostela.
Doutor en Comunicación e Xornalismo (Premio Extraordinario) pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Marketing e Comunicación. Catalogación e análise da nova variable do marketing aplicado á comunicación. MBA en Dirección e Xestión de Empresas e máster en Formación do Profesorado.
Foi director de Mercadotecnia e Comunicación no IECS. Traballa sobre sistemas de comunicación social, sobre todo redes sociais, e novos modelos de produción informativa. Ten publicado artigos en revistas científicas sobre Comunicación e Xornalismo[1]. Escribe en El Correo Gallego e foi columnista en De Luns a Venres.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Berro de cristal, 2007.
- Peitos e tetas nas noticias do domingo, 2009, Sotelo Blanco.
- Tirizó, 2013.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Comunicación institucional de proximidade, 2008.
- Marketing e Comunicación, 2009.
- Uxío Novoneyra, nos eidos da verdade, 2011.
- Las redes sociales como estrategia de marketing, 2013.
- Flujos comunicativos y búsqueda del talento, 2015.
- Fundamentos de Marketing Digital, 2016.
- Gestión profesional de redes sociales. Rutinas y estrategias de community management, 2018
Relato
[editar | editar a fonte]- A estrela que veu. Terceiro premio no II Certame de Minicontos de Outono.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Perfil en Google Académico
- ↑ 2,0 2,1 Lugo, El Progreso de. "Microrrelatos furtivos en el Gaiás". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2018-06-30.