Xosé Cannas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Cannas
Nacemento1973
 Vigo
NacionalidadeEspaña
OcupaciónSommelier
editar datos en Wikidata ]

Xosé Manuel Torres Cannas, chamado Xosé Cannas, nado en Vigo en 1973, é un restaurador e cociñeiro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1988 entra a estudar na Escola de Hostelería en Vigo, e comeza a traballar nos veráns nun restaurante en Canadá, propiedade duns amigos da familia[1]. De regreso a Galicia, e co seu irmán Xoán que é sommelier, abren a principios do século XXI un restaurante en Sanxenxo, que chaman Pepe Vieira en lembranza do seu avó.

En 2003 é un dos nove cociñeiros fundadores do Grupo Nove, un colectivo de cociñeiros creativos galegos. A finais de 2007 el e mailo irmán, mudan o restaurante a unha nova localización, en Poio. En 2008 o seu restaurante recibe unha estrela Michelin, e dous soles na guía Repsol[2].

Obras[editar | editar a fonte]

  • El área de cocina. Conceptos básicos (Editorial Ideas Propias).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado e ten dous fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]