Xosé Antonio Andrade Figueiras
Xosé Antonio Andrade Figueiras | |
---|---|
Nacemento | 1957 |
Lugar de nacemento | Seavia |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado, escritor e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Antonio Andrade Figueiras, nado en Seavia (Coristanco) en 1957, é un avogado e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fixo o bacharelato na Academia Leus de Carballo. Traballou de ferreiro, na construción e como taxista. Licenciouse en Dereito. É membro do Instituto de Estudos Bergantiñáns, do Club de Oratoria e Comunicación Toast Masters International e da Asociación Ambiental Senda Nova. Nas eleccións municipais de 2019 encabezaou a candidatura do BNG en Coristanco e foi elixido concelleiro. Nas municipais de 2023 volverá encabezar a candidatura do BNG en Coristanco.[1]
Obras[editar | editar a fonte]
- Seavia é nome de parroquia, 2007.
- Reválida de sexto, 2008.
- Querida Paula, 2012. Edición actualizada, 2023.[2]
- Nas cortinas do vento, 2019.