Xogos Curruncheiros de Sada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo dos Xogos Curruncheiros da VII edición (2022).

Os Xogos Curruncheiros é un evento festivo celebrado en Sada con xogos populares, xincanas, concursos de castelos de area, artísticos ou gastronómicos. Celébranse desde 2014 e adoitan ter lugar o sábado após a fin das festas de Sada, normalmente a cuarta fin de semana de agosto, e lévanse a cabo na zona do Curruncho, na praia das Delicias.

Historia[editar | editar a fonte]

O 3 de xullo de 2014 nun grupo de Facebook propúxose retomar diversas xuntanzas populares que se facían no pasado. A primeira levouse a cabo o 9 de agosto de 2014, co nome de I Xuntanza de veciñ@s “Eres de Sada si…”. Ese encontro foi a semente dos Xogos Curruncheiros, ao improvisarse alí a competición entre dous equipos.

No 2015 non houbo encontro, pero retomouse no 2016, seguindo en certa medida o modelo da Festa da Dorna. Desde entón o evento tivo continuidade.