Xoán Mauropo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán Mauropo
Nacementoc. 990 e c. 1000
Lugar de nacementoPaflagonia
Falecementoc. 1070
Lugar de falecementoConstantinopla
NacionalidadeImperio Bizantino
RelixiónCristianismo ortodoxo
Ocupaciónsacerdote e poeta
editar datos en Wikidata ]

Johannes ou Xoán Mauropo ou Maurópodo, nado en Paflagonia en 990 e finado en Constantinopla o 5 de outubro de 1090, foi un poeta, erudito e escritor bizantino, nacido en Paflagonia, polo cal o chamaron Maurópodo, o dos pés negros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi, ao parecer, discípulo do abade San Doroteo o Mozo, de quen escribirá a vida. Ensinou filosofía en Costantinopla e tivo como discípulo a Miguel Psellos, que o sucedeu despois na súa cátedra. Nomeado metropolitano de Eucatia (polo cal algúns o chamaron tamén Xoán Eucatia), retirouse logo como simple monxe a Constantinopla, onde morreu no convento do Pródromo.

Durante algúns anos, Mauropo formou parte do círculo íntimo de poetas e eruditos que rodeaba ao Emperador, e foi nomeado Retor da corte'[1].

Expoñente do segundo renacemento bizantino, compuxo moitas poesías en trímetros iámbicos, en gran parte inédita, discursos, homilías, e un Léxico etimolóxico. Consérvanse de Mauropo ademais 77 cartas e 99 epigramas, xénero no que se estima sobresaíu moito.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Estas informacións atópanse en parte en "Mauropous, John", Oxford Dictionary of Byzantium, vol. 2, p. 1319.