Xigantotermia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dermochelys coriacea válese da xigantotermia para sobrevivir nos xélidos mares.

A xigantotermia ou homeotermia inercial é un fenómeno de importancia na bioloxía e na paleontoloxía polo cal os animais de sangue frío de voluminoso tamaño teñen maior facilidade de poder manter unha temperatura constante, en virtude dunha maior relación volume/superficie.[1]

Funcionamento[editar | editar a fonte]

A lóxica detrás do funcionamento da xigantotermia é simple: un animal grande ten proporcionalmente menos superficie do seu corpo en contacto co exterior, sendo a maior parte da súa masa a que se encontra no seu interior sen contacto externo —como os tecidos, órganos, sangue—, a diferenza dos animais máis pequenos, que teñen a maioría das súas áreas corporais en contacto co exterior. Por iso, as ganancias ou perdas de calor no ambiente suceden máis lentamente.[2]

Cómpre aclarar que a xigantotermia só ten sentido verdadeiro nos animais ectotermos, pois neles é moi necesario manter a temperatura xa que non poden queimar combustíbel interno para produciren calor, a diferenza dos animais de sangue quente. É incorrecto dicir que un elefante válese da xigantotermia, xa que é un animal de sangue quente que usa a homeotermia para manter a súa temperatura corporal, polo que nel a xigantotermia é innecesaria.

Entre os animais nos que se presenta a xigantotermia, por mencionar algúns, está a tartaruga Dermochelys coriacea e o tiburón Carcharodon carcharias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2008. Consultado o 15 de maio de 2021. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 2 de maio de 2010. Consultado o 15 de maio de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]