Xiao Roel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Vigo, España |
Morte | 2020 Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | profesor de ensino secundario , tradutor , escritor |
Manuel Julián Roel López-Sevilla, coñecido como Xiao Roel, nado en Vigo e finado na cidade da Coruña en agosto de 2020, foi un profesor, escritor e tradutor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fixo o bacharelato no Colexio Apóstol Santiago de Vigo e estudou filoloxía clásica na Universidade de Santiago de Compostela. Cando era estudante foi detido acusado de insultar ao conserxe da Facultade de Xeografía e Historia.[1] Foi profesor de Latín na educación secundaria no IES de Ortigueira e no IES do Castro de Vigo.
Colaborou en Rosalinda,[2] Dorna e A Traba de Ouro.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Ana María Pola Gómez e foi pai de Dafne Roel Pola.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, Santiago, 15-2-1980, p. 35.
- ↑ Rosalinda, revista libertaria
- ↑ La Voz de Galicia, 14-6-1990, p. 46.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Xiao Roel connosco, artigo de Xosé Luís Méndez Ferrín en Faro de Vigo.