Xemoloxía
A Xemoloxía é a ciencia, arte e profesión de identificar e avaliar xemas. Pode ser considerada unha rama da xeoloxía. Algúns xoieiros son xemólogos e así son cualificados para identificar e valorar xemas. Existen escolas profesionais, asociacións de xemólogos e programas de certificación.
Algúns xemólogos especialízanse en diamantes ou perlas, que son áreas especialmente difíciles. A demanda polo servizo de xemoloxía creceu como resultado da aparición cada vez maior de xemas sintéticas.
Non habemos de confundir, brillante con diamante, brillante é unha das tallas máis utilizadas xa que achega un maior grao de reflexión da luz.
O xemólogo é o profesional que pode determinar que unha xema é a que é, a través de exploracións de laboratorio e da súa experiencia tanto de estudos como do seu labor diario.
É o único que pode certificar unha xema e o xemólogo especialista en diamantes, esta última.
Os estudos de Xemología na Universidade de Barcelona, constan de dous anos onde accedes á titulación e podes escoller a especialización que dura un ano, ben como especialista en diamantes , como en xema sintética, xa que cada vez existen máis imitacións, con dobretes e tripletes de cuarzo ou vidro.