Saltar ao contido

Xelatino-bromuro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caixa de placas secas de xelatino-bromuro de prata fabricadas pola empresa Lumière cara 1900.

O xelatino-bromuro é un procedemento fotográfico creado no ano 1871 por R. L. Maddox e mellorado no ano 1878 grazas ós traballos de Charles E. Bennet, que acabou desprazando ao colodión húmido a partir de 1882.[1]

Este proceso basicamente supón nos seus inicios o emprego dunha placa de cristal sobre a que se estende unha solución de bromuro, auga e xelatina sensibilizada con nitrato de prata, que xa non necesita manter húmida a placa en todo momento, o cal pon fin a un dos grandes inconvenientes do colodión húmido.

Ó conseguir Charles E. Bennet mellorar a sensibilidade do Xelatino-bromuro deixando secar durante máis tempo a placa emulsionada, conseguiu rebaixar o tempo de exposición a un cuarto de segundo, o que nos permite achegarnos ó concepto de instantánea fotográfica.

A creación deste método supuxo a culminación do invento da fotografía, quedando basicamente constituída ata a aparición da Halografía e a Fotografía dixital.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]