Xefe Executivo de Afganistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Xefe Executivo da República Islámica de Afganistán forma parte do goberno de Afganistán.

O cargo extra constitucional creouse en setembro de 2014, logo das disputas que xurdiron tras as eleccións presidenciais afgás de 2014, cando tanto Ashraf Ghani Ahmadzai como Abdullah Abdullah reclamaron a vitoria das eleccións. Como parte dun acordo de unidade nacional, acordouse que Ashraf Ghani asumise a presidencia e que se crease un novo cargo para Abdullah Abdullah, similar ao dun primeiro ministro.[1][2]

Funcións e responsabilidades[editar | editar a fonte]

O xefe executivo preside a reunión semanal do consello de ministros que pode facer recomendacións de políticas ao presidente. O xefe executivo tamén pode recomendar ministros para o gabinete.[1]

Lista de xefes executivos[editar | editar a fonte]

Nome Inicio Final Afiliación política
Abdullah Abdullah 29 de setembro de 2014 no cargo Coalición Nacional

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Understanding Afghanistan's Chief Executive Officer | DW | 30.09.2014". 
  2. "Ashraf Ghani, nuevo presidente de Afganistán".