Xavier Valiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xavier Valiño
XAVIER VALIÑO (1).jpg
Nacemento1965
Lugar de nacementoCospeito
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncrítico musical e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Xavier Valiño, nado en Cospeito, na Terra Chá o 4 de novembro, é un xornalista galego e crítico musical de rock e pop que colabora en distintos medios de comunicación españois cubrindo temas musicais, cinematográficos e de viaxes.[1][2] No seu papel de investigador e arqueólogo musical publicou diversos libros e participou en distintos congresos e conferencias.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Radio[editar | editar a fonte]

Ós 13 anos, en 1978, Xavier Valiño realizaba o seu primeiro programa radiofónico en Radio Popular de Lugo, baixo a denominación de paso a la juventud, xunto a Baldo Cortón, Siso García e José Manuel Lagüela. De aí pasou a realizar xunto a Miguel Baz o programa Revolution en Radio Mercurio de Madrid durante catro anos a partir de 1984. Posteriormente dirixiría e presentaría os seus propios programas en Radio Oleiros da Coruña, Radio Medellín de Santiago (galordoado como o Mellor Programa da Emisora), a Radio Galega (como colaborador en Estudo 3 e realizador do seu programa Ultrasónica) e Xtraradio en As Palmas de Gran Canaria (co programa Praceres ocultos).[3]

Televisión[editar | editar a fonte]

Xavier Valiño participou en programas de televisión como Miraxes, Zigzag ou Planeta Cine da Televisión de Galicia e como guionista e presentador de Banda Curta no mesmo canle.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Personajes ilustres de Cospeito
  2. Entrevista en Efe Eme, Efe Eme, 22 de maio de 2011
  3. "Placeres ocultos en Xtraradio". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2017. Consultado o 07 de xaneiro de 2018.